Blogia
luistics

TICS

TICs NO IES GARCIA BARBON.

Montaxe do curso de TICs do IES Garcia Barbón, de 1º de bacharelato B,D.

CANDO UNHA APLICACIÓN WEB 2.0 COBRA VIDA.

SIGNIFICA2.

Con Significa2 preténdese facer, unha vez máis, uso das novas tecnoloxías para permitir que persoas con algún tipo de minusvalidez teñan acceso á sociedade da información.

O servizo consiste na integración de vídeos LSE (en lingua de signos española) na páxina web de calquera empresa ou institución que o solicite onde se traducirán todos ou parte dos contidos existentes.

PROXECTO EDIRIS.

Os mozos con parálise cerebral poderán aprender a ler e escribir, así como acceder ós coñecementos que lles brinda internet, utilizando o computador só coa mirada e o pestañeo grazas ó proxecto Ediris.

Facilitará a nenos e mozos con grandes dificultades motoras, que lles impiden manexar o computador cos brazos ou a cabeza, o acceso ós contidos da pantalla só con fixar a vista nela. Como obxectivos do proxecto figuran que os nenos aprendan a ler e escribir á vez que se lles proporciona unha forma de acceso a todas as posibilidades de xogos, intercomunicación e coñecementos de internet.

Ademais poden instalar aplicacións domésticas de control de luces, televisión, radio, persianas, teléfono, portas, xogar ó xadrez ou conectarse con outras persoas que se atopan na mesma situación.