Blogia
luistics

PROXECTO EDIRIS.

Os mozos con parálise cerebral poderán aprender a ler e escribir, así como acceder ós coñecementos que lles brinda internet, utilizando o computador só coa mirada e o pestañeo grazas ó proxecto Ediris.

Facilitará a nenos e mozos con grandes dificultades motoras, que lles impiden manexar o computador cos brazos ou a cabeza, o acceso ós contidos da pantalla só con fixar a vista nela. Como obxectivos do proxecto figuran que os nenos aprendan a ler e escribir á vez que se lles proporciona unha forma de acceso a todas as posibilidades de xogos, intercomunicación e coñecementos de internet.

Ademais poden instalar aplicacións domésticas de control de luces, televisión, radio, persianas, teléfono, portas, xogar ó xadrez ou conectarse con outras persoas que se atopan na mesma situación.

 

0 comentarios